"Entrar na pintura sen saber debuxar é coma lanzarse a un mar profundo sen saber nadar"

LEONORA CARRINGTON

Grupos reducidos
Aulas totalmente personalizadas
Docentes
Especializados e licenciados
+ de 15 años de experiencia
Aire libre
Impartimos obradoiros
en cotacto coa natureza

Existe un pracer básico en pintar, tomar un lapis e desfrutar do proceso creativo. A pintura e o debuxo favorecen a concentración, paciencia, perseverancia, disciplina, creatividade… e son unha forma de expresión na que manifestar sentimentos, emocións e pensamentos.

Inscripción aberta:

As nosas aulas están orientadas a todos os públicos e niveis: desde os principiantes (sen experiencia previa) ata os avanzados (iniciados na materia).

Nen formulas “máxicas” nen workshops de dous días milagrosos para converterse nun artista. Como non nos gusta a comida rápida, non confiamos neses métodos de ensinanza exprés e de efectismos lowcost.

Inscripción aberta curso 2024 - 2025

Escolla o centro que mellor che conveña e o teu nivel

Av da Liberdade (Barrio de Santa Marta)
Debuxo e pintura xuvenil
Av da Liberdade (Barrio de Santa Marta)
Luns de 18:40 a 20:20
(1 h 40 min)
60,00 €
Últimas prazas
Debuxo e pintura xuvenil
Av da Liberdade (Barrio de Santa Marta)
Luns de 18:40 a 20:20
(1 h 40 min)
60,00 €
Últimas prazas
Debuxo e pintura xuvenil
Av da Liberdade (Barrio de Santa Marta)
Mércores de 18:40 a 20:20
(1 h 40 min)
60,00 €
Últimas prazas
Debuxo e pintura xuvenil
Av da Liberdade (Barrio de Santa Marta)
Mércores de 18:40 a 20:20
(1 h 40 min)
60,00 €
Últimas prazas
Debuxo e pintura xuvenil
Av da Liberdade (Barrio de Santa Marta)
Xoves de 17:00 a 18:40
(1 h 40 min)
60,00 €
Últimas prazas
Debuxo e pintura xuvenil
Av da Liberdade (Barrio de Santa Marta)
Xoves de 17:00 a 18:40
(1 h 40 min)
60,00 €
Últimas prazas
Non quedan prazas este mes? Anótate en LISTA DE ESPERA e irémosvos chamando para o mes seguinte.
Ver máis cursos e monográficos

CLASES DE PINTURA XUVENIL EN COMPOSTELA

O obxectivo é transmitir os nosos coñecementos de forma personalizada. Por tanto, acompañaremos a cada alumno no seu proceso de creación, xa que a partires dunha boa base os caminos son infinitos. Daremos importancia á técnica e creatividade, para lograr unha total soltura de expresión e estilo.

O noso traballo ven respaldado por unha longa traxectoria de profesionais especializados e con unha ampla experiencia.

Facemos especial atención a que o xogo sexa a actividade primordial do obradoiro, será a nosa principal ferramenta de investigación, descubrimento e aprendizaxe como tamén de conexión con un mesmo, atopando así un camiño de libertade de expresión.

Se buscas un obradoiro de arte en Santiago de Compostela no que ensinemos os coñecementos necesarios para crear un mesmo, sen estar coxeando e atado siempre ás láminas ou fotografías. Utilizando directamente o natural como referencia. Adquirendo os coñecementos de grandes mestres do debuxo e a pintura. Alonxándose así de tantas “aulas de pintura” que acaban convertíndose en aulas de manualidades e confunden os verdadeiros coñecementos necesarios para traballar creativamente.

Como obradoiro de debuxo e pintura partimos da base que todos “podemos” debuxar e crear. E como confiamos nelo apoiámosvos en todo o camiño e deste modo volcámonos nel.

Ti marcarás o teu propio ritmo, mergullándote no mundo da arte con total liberdade So necesitas curiosidade e gañas de aprender.

Created by Beatriz Seijo

Beatriz Seijo - Artist Studio + Gallery

Av da Liberdade 13, Santiago de Compostela, A Coruña

689 014 365

email