Sesión Vermú Galego + Pinta Cerámica

Ven a pintar cerámica connosco!


En que consiste este obradoiro?


1. Escolle a peza de cerámica que che apeteza pintar e personalizar: temos pratos, tazas e boles!

2. Deseña e decora a peza como máis che guste. Acompañarémosche no proceso con ideas e algunha técnica especial.

3. Ao forno! Cando remates de pintar a túa peza a coceremos no noso forno cerámico e, nuns díasm estará lista para que a recollas.


A cerámica pintada e forneada neste forno cerámico permitirá que as pezas nunca perdan a súa cor e sexan aptas para uso alimentario.


Se durante a clase che apetece pintar máis pezas de cerámica, terás dispoñible unha ampla selección no noso taller para poder elixir.


O vermú a servir será un vermú galego e, se o prefires, poderás escoller outra bebida no lugar do vermú (viño, cervexa, refrixerio, auga, etc.).


Os menores a partir de 8 anos poden participar, sempre que o fagan acompañadose de, polo menos, unha persoa adulta.

  • 13 de Xullo de 2025 12:00-14:00
Duración: 1 sesión 2 h
Tarifa:
35,00 € / 1 participante(s)

Sobre noso estudio:

É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!

Condiciones de prestación del servicio:

  1. A compra supón a acetación da normativa.
  2. O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
  3. No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
  4. Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
  5. Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
  6. No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
  7. En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.
Outros talleres e experiencias que che poden interesar

Created by Beatriz Seijo

Beatriz Seijo - Artist Studio + Gallery

Av da Liberdade 13, Santiago de Compostela, A Coruña

689 014 365

email