Ioga + Cerámica
Regálate un momento do día para reconectar contigo, respirar, relaxarte, estirar e fortalecer, non só o corpo, senón tamén a mente!
IOGA. Nesta primeira parte da actividade dunha hora de duración de Iniciación ás prácticas de Asanas (Posturas), onde aprenderás aspectos básicos da biomecánica para mover o noso corpo de maneira coidada e aprender a secuencia Surya namskar I, ou Saúdo ao Sol 1.
Coa práctica constante adquirimos flexibilidade, forza e un coñecemento profundo sobre o noso corpo físico, a nosa mente e o noso ser. A respiración consciente é a nosa guía en todo momento.
O Vinyasa Flow é un estilo dinámico no cual as posturas únense de maneira fluída ao ritmo da respiración. Á súa vez, ao longo das clases aprendemos a facer as posturas desde a biomecánica, é dicir, entendendo como funcionan os nosos músculos e aprendendo a aliñar o corpo. Logo poderás aplicar este coñecemento á túa postura cotiá.
Actividade pensada para todas as persoas que teñan interese. Non se require experiencia previa.
Concédete un momento para ti!
CERÁMICA. Durante a segunda parte desta experiencia, adicada á Cerámica, aprenderás unha técnica básica de modelado en barro e de decoración con engobes para darlle cor. Unha sesión para conectarte con este material, crear e xogar. E ao rematar, terás un obxeto feito coas tuas propias mans, que fará que os teus almorzos sexan máis especiais.
Apto para niveis iniciais e especialmente recomendado para introducirte na cerámica.
Nós proporcionámosche todos os materiais e ensinámoste a modelar as túas pezas, e en 15 días (aprox) terás as pezas cerámicas cocidas e listas no noso taller.
Sobre noso estudio:
É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!
Condiciones de prestación del servicio:
- A compra supón a acetación da normativa.
- O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
- No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
- Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
- Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
- No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
- En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.
