Iniciación ao Torno (4 días)
É a túa primeira vez diante dun torno? Xa o coñeces pero aínda che costa centrar?
Atrévete co modelado por torno. Ensinarémoste a divertirte con este elemento pero, lembra, require constancia e destreza.
Qué aprenderás neste curso intensivo?
- A coñecer e empregar as ferramentas del alfarero e a técnica do amasado manual do barro para o torno.
- A coñecer as diferentes pastas cerámicas para o torneado.
- A centrar a peza sobre o torno e realizar cilindros sobre él como base para a elaboración das pezas.
- A realizar pezas abertas pechadas.
A quen vai dirixido este curso?
A cualquera persoa maior de 16 anos que non lle importe deixar de lado o ordenador e mancharse as mans, que goce dos procesos artesanais e quera poñer a proba a súa creatividade. Non é necesario ningún coñecemento previo.
Ademáis...
- Todos os materiais están incluidos (só tes que traer un mandil ou similar para evitar mancharte).
- Os nosos profesores encargaranse de cocer as pezas elaboradas durante o curso para que queden rematadas e sexan aptas para decoración e/ou uso alimentario.
- Se non podes asistir algún día, a clase trasládase á seguinte data dispoñible (consúltanos).
- Se che gusta a nosa escola e, unha vez finalizado este intensivo decides matricularte no curso continuado, tes un descuento de 25 € na matrícula.
- 18 de Febreiro de 2026 19:30-21:30
- 25 de Febreiro de 2026 19:30-21:30
- 4 de Marzo de 2026 17:20-19:20
Sobre noso estudio:
É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!
Condiciones de prestación del servicio:
- A compra supón a acetación da normativa.
- O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
- No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
- Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
- Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
- No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
- En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.
