Obradoiros Crea adornos de nadal

Crea adornos de nadal

Deseña e constrúe con barro os teus adornos de Nadal. Poderás decorar a túa mesa, colgalos da árbore o regalarllos aos teus seres queridos.


Aprenderás unha técnica básica de modelado en barro e de decoración con engobes para darlle cor. Unha sesión para conectarte con este material, crear e xogar. Tenrás obxectos feitos coas túas propias mans, que farán que o teu Nadal sexa máis especial.


Apto para niveis iniciais e especialmente recomendado para introducirte na cerámica. 


Para todos os públicos (a partir de 5 anos).
Os menores de 12 anos deben ir acompañados dun adulto (que tamén ocupa praza).


* As pezas pasan por un forno cerámico e están listas para recoller no taller en 15 días aproximadamente dende a celebración da actividade.

  • 13 de Decembro de 2025 10:00-12:00
Duración: 1 sesión 2 h 30 min
Tarifa:
35,00 € / 1 participante(s)

Sobre noso estudio:

É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!

Condiciones de prestación del servicio:

  1. A compra supón a acetación da normativa.
  2. O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
  3. No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
  4. Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
  5. Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
  6. No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
  7. En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.
Outros talleres e experiencias que che poden interesar

Created by Beatriz Seijo

Beatriz Seijo - Artist Studio + Gallery

Av da Liberdade 13, Santiago de Compostela, A Coruña

689 014 365

email