Broches molóns



Deseña e constrúee con barro os teus propios broches cerámicos e lucirás as túas propias creacións.
Aprenderás unha técnica básica de modelado en barro e de decoración con engobes para darlle cor. Unha sesión para conectarte con este material, crear e xogar. Terás obxectos feitos coas túas propias mans, que farán que a túa roupa sexa máis especial. Apto para niveis iniciais e especialmente recomendado para introducirte na cerámica.
Grupo mixto para todas as idades. Para maiores de 7 anos. Os menores de 10 anos terán que facer o taller acompañados dun adulto.
Nos proporcionámosche todos os materiais e ensinámosche a modelar as túas pezas, e en 15 días (aprox) teralas cocidas e listas no noso taller.
Sobre noso estudio:
É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!
Condiciones de prestación del servicio:
- A compra supón a acetación da normativa.
- O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
- No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
- Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
- Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
- No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
- En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.





















