A paleta de Sorolla

O obradoiro adicaráse a facer un percorrido pola técnica pictórica de Sorolla á hora de aplicar a cor xunto coa das súas principais influencias.


Contaremos co mestre Raúl Gil, un dos artistas máis galardoados do panorama nacional, que pintará en directo para os asistentes unha obra explicativa coa técnica pictórica de Sorolla na que os asistentes poderán facer preguntas e plantexar dúbidas.


Falaremos de cores, materiais e dos erros máis comúns. Xunto co obradoiro explicarémosvos a proposta da nosa escola para o presente curso.


Agasallaremos aos asistentes cun vale desconto de 10 € na matrícula do curso de pintura ao óleo de Raúl Gil.


Este obradoiro é de balde para alumnos/as xa matriculados/as no curso de óleo.

Sobre noso estudio:

É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!

Condiciones de prestación del servicio:

  1. A compra supón a acetación da normativa.
  2. O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
  3. No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
  4. Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
  5. Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
  6. No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
  7. En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.
Outros talleres e experiencias que che poden interesar

Created by Beatriz Seijo

Beatriz Seijo - Artist Studio + Gallery

Av da Liberdade 13, Santiago de Compostela, A Coruña

689 014 365

email