Obradoiros Pinta Cerámica - Edición Set de Almorzo

Pinta Cerámica - Edición Set de Almorzo

Ilustra un set de almorzo consistente nunha taza e un prato de cerámica. Elabora o teu propio deseño e decora estas pezas como máis che guste. Acompañarémoste no proceso con ideas e algunha técnica especial. Goza desta experiencia mentres tomas un café, infusión, caña, viño, vermú...


Unha vez rematado o taller, as piezas irán ao forno cerámico para ser cocidas e nuns días estarán listas para que as recollas (15 días aprox.).


A cerámica pintada e forneada neste forno cerámico permitirá que as pezas nunca perdan a súa cor e sexan aptas para uso alimentario.


Os menores a partir de 8 anos poden participar, sempre que o fagan acompañados de, polo menos, unha persoa adulta (que tamén participará no taller).

  • 18 de Xaneiro de 2026 11:30-14:00
Duración: 1 sesión 2 h 30 min
Tarifa:
45,00 € / 1 participante(s)

Sobre noso estudio:

É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!

Condiciones de prestación del servicio:

  1. A compra supón a acetación da normativa.
  2. O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
  3. No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
  4. Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
  5. Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
  6. No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
  7. En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.
Outros talleres e experiencias que che poden interesar

Created by Beatriz Seijo

Beatriz Seijo - Artist Studio + Gallery

Av da Liberdade 13, Santiago de Compostela, A Coruña

689 014 365

email