Crea o teu set de almorzo




Deseña e constrúe con barro un set de almorzo único,
composto por un prato, unha culler e unha cunca, para empezar o día de maneira
especial.
Neste taller aprenderás unha técnica de modelado en barro e
de decoración para darlle cor ás túas pezas. Unha sesión pensada para conectar
co material, crear e xogar, mentres te mergullas nun proceso creativo que fará
que os teus almorzos sexan aínda máis especiais.
Este taller é apto para niveis iniciais e especialmente
recomendado para quen desexa introducirse na cerámica.
Nós proporcionámosche todos os materiais e ensinámoste a
modelar as túas pezas. En aproximadamente 15 días, terás as túas pezas cocidas
no forno e listas no noso taller.
O que fai que este taller sexa tan especial é que é un dos
nosos talleres máis desexados. A xente valora a diferenza nos acabados e, por
iso, recomendan elixir os talleres máis longos. Así, podes centrarche nos
detalles, personalizar cada peza ao teu gusto e gozar do proceso sen présas. É
a oportunidade perfecta para crear algo verdadeiramente único e feito por ti.
Sobre noso estudio:
É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!
Condiciones de prestación del servicio:
- A compra supón a acetación da normativa.
- O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
- No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
- Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
- Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
- No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
- En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.













