A cerámica chegou
a Compostela

Un espazo na zona sur de Santiago de Compostela, con todo o preciso para poder sumerxirte no maravilloso mundo da cerámica e a arte.

Achégate ao mundo da cerámica!

Aprenderás e desenvolverás procedimientos plásticos como o belisco e o traballo com churros e pranchas. Cocerás, moldearás e pintarás as tuas pezas cerámicas através dunha série de técnicas que poderás practicar, desenvolver e ampliar durante o noso curso.

Modelar o barro, comer nos pratos feitos a man ou gozar dunha peza de artista únenos á terra e ás nosas raíces. Experiéncias pacificadoras e reconfortantes que che invitamos a descubrir.

Clases de cerámica para infantil e xuvenil en Compostela

Durante o curso de iniciacíon a cerámica infantil e xuvenil tentaremos que o alumnado asimile os conceitos básicos e coñecementos técnicos do proceso cerámico e de criación artística dun xeito divertido e alegre através de xogos e exercicios.

Experimentaremos e xogaremos con diferentes barros, cores e técnicas para adquirir as habilidades de traballo do barro, recoñecer as suas limitacións e queo alumnado constrúa as suas propias pezas.

Traballaremos, en función dos intereses do alunmado, as ideas, a plasmación en debuxos, os bosquexos en barro e a conformación das pezas de cara a desenvolver unha metodoloxía de traballo que permita encarar diversas inquedanzas artísticas.

Tamén traballaremos de xeito ameno e facendo diversos exercícios prácticos: A importáncia da terra e o seu coidado, de onde ven a arxila. Breve história da cerámica. Como fazer o meu animal ou personaxe animada favorita. Alquimia dos esmaltes para cativada. Os ofícios tradicionais e actuais asociados á cerámica. Pintar os nosos própios pratos cos debuxos mais fermosos. A criación colectiva de unha peza. Entre outros temas.

Aportaremos apontamentos teóricos, acceso a bibliografía e a espazos de internet específicos.

Poderás facer, e levar para casa as túas própias pezas, onde se aportará o coñecemento técnico preciso para desenvolver ao máximo a túa criatividade.

Buscas un lugar en Santiago de Compostela para desenrolar a túa súa creatividade rodeados dun ambiente adecuado, con todos os medios e cos mellores profesionais?

Horarios e tarifas. Curso 2021-2022

Estaremos desde Setembro ata Xuño, seguindo co calendario escolar, pero podes anotarte en calquera momento do ano.

Idade recomendada Mércores: +12 anos.
Idade recomendada Venres: +6 anos, acompañados de un adulto.

Mércores: de 17:20 a 18:10 e de 18:10 a 19:00
Venres: En familia: de 17:30 a 19:00

{ 100 minutos 70€

Prezo por sesión (2 horas):: Dende 30 €

Material incluído: Ti elixes o material co gostarías de experimentar.

Docentes

As aulas están impartidas polo artista:

Nahuel Pérez

Inscripción aberta curso 2021-2022

Ven a coñecernos sen compromiso

Cerámica para todos
Venres de 17:30 a 19:00
Dende 70,00 €
Non quedan prazas
Cerámica e escultura infantil e juvenil
Mércores de 17:20 a 19:00
Dende 70,00 €
Non quedan prazas
Non quedan prazas? Apúntate en LISTA DE ESPERA e irémosvos chamando.
Dispoñemos dalguna praza máis dependendo das restricións de aforo pola COVID19.
Ver más cursos y monográficos
Covid 1
As nosas medidas contra o covid
Limpeza e desinfección diaria das instalacións para unha contorna segura
Amplias instalacións e grupos reducidos con distancia de separación de 2 metros entre alumnado
Control de calidade do aire mediante un sistema de renovación de aire, que teremos funcionando continuamente para maior seguridade e comodidade
Para asegurar máximo confort, dispoñemos de calefacción mediante chan radiante
Protocolo de prevención responsable e eficiente durante a túa estancia

Grazas polas súas reseñas

Nuestro hijo de cuatro años asiste regularmente a clases de pintura al estudio. Estamos francamente muy satisfechos. La propuesta de aprendizaje, transversal y participativa nos parece muy adecuada. Tenemos claro que es un complemento perfecto en su formación. El compromiso docente de Beatriz con sus alumn@s es indudable.
José Ramón
Mi hija de 5 años va súper contenta a las clases de pintura, Bea le ofrece muchas de maneras de ir acercándose y experimentar la pintura de manera divertida... Aprende y disfruta, no se puede pedir más.
Paula
Mis hijas empezaron con 4 y 3 años y ya van 6!! Y en todos estos años no ha habido una tarde que no quisieran ir a sus clases. Bea las sabe guiar y ellas van descubriendo y experimentando con diferentes técnicas y materiales. Siempre dejando libre su creatividad. Y, poco a poco, han ido adquiriendo curiosidad , gusto y amor por el arte
Julio César

Created by Beatriz Seijo

Beatriz Seijo - Artist Studio + Gallery

Av da Liberdade 13, Santiago de Compostela, A Coruña

689 014 365

email